Páginas del blog Ría de Ribadeo

martes, 9 de octubre de 2012

Os corvos mariños da Insua

A Insua é un illote que xunto coa súa compañeira a Illa Pancha, no lado oposto, flanquean o paso da enseada na que desemboca o río de Vilaselán. Nesta enseada atópase tamén a cativa praia de Rochas Brancas, un pequeno segredo que os ribadenses parecen agochar dos visitantes e turistas. Pero voltando á Insua, a súa punta mais septentrional chámase punta do Nido do Corvo. Como todos sabemos, na maioría dos casos a toponimia fai alusións a aspectos característicos do lugar ó que se lle da nome, sendo este un claro exemplo.


A Insua



 .
Os corvos mariños (Phalacrocorax spp.), "cormoranes" en castelán, ó contrario que outras aves de hábitos acuáticos, teñen unha plumaxe que non é completamente impermeable. Deste xeito, ó somerxerse para pescar, a auga penetra nas súas plumas, o que lles fai coller maior peso e lles permite mergullarse con máis facilidade e a maior profundidade para atrapalas súas presas. Pero como inconveniente, precisan secar as súas ás ó aire para logo poder voar en plenitude. Por iso é moi común velas súas siluetas coas ás estendidas mentres secan nalgún punto preto do mar. Soen buscar lugares protexidos dos depredadores coma penedos, cantís ou pequenos illotes, polo que a Insua é un lugar óptimo para eles. Tamén para reproducirse buscan lugares con estas características, e a Insua igualmente sería unha boa opción para este propósito. Se ben na actualidade non teño constancia de que críen aí, é máis que probable que noutra época si o fixeran, e penso que de aí lle viría o nome que anteriormente comentaba de Punta do Nido do Corvo.

Corvos mariños na punta do Nido do Corvo, na Insua.












Na península hai dúas especies de corvos mariños, o corvo mariño grande (Phalacrocorax carbo / cormorán grande) e o corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis / cormorán moñudo). O primeiro é o máis común na zona interior da nosa ría, pero tamén frecuenta as zonas externas. Mentres, os segundos, si que prefiren as augas máis abertas, polo que soen verse máis nas zonas de cantís e penedos externas á ría.  Como é moi común velos compartindo as súas zonas de descanso, este é o xeito máis doado de diferenciar ambas especies. O corvo mariño grande, coma o seu nome indica, ten un tamaño lixeiramente superior ó seu curmán, o corvo mariño cristado.

Nesta ocasión contei neste punto da Insua 5 exemplares de corvo mariño grande e 20 de corvo mariño cristado (non saen todos na foto).

Corvo mariño grande, en vermello, fronte a corvo mariño cristado, en azul.





.
Pero cando vemos exemplares dunha especie en solitario, que non podemos comparar coa outra, hai outras formas para diferencialos. Unha delas é fixarse na cabeza. O corvo mariño grande ten unha fronte máis aplanada, mentres que o cristado tena máis abultada, é dicir, desde a base do peteiro, sube máis en vertical.  Ademais, os adultos desta última especie locen unha característica crista na plumaxe nupcial, que lles da o nome. Tamén o peteiro é un bo elemento no que fixarse. O corvo mariño grande teno groso e de cor agrisada clara, en contraposición co do cristado, que é fino, e de cor amarela apagada. Nestas fotografías de ambas especies pódense apreciar os citados detalles.

Corvo mariño grande / Phalacrocorax carbo / cormorán grande


Corvo mariño cristado / Phalacrocorax aristotelis / cormorán moñudo


.
E para rematar a entrada de hoxe, tres fotos máis doutras aves que andaban pola zona de Vilaselán e Piñeira, que non todo van ser corvos mariños.

Garza real /Ardea cinerea / garza real

Gaivota patiamarela /Larus michaellis / gaviota patiamarilla

Miñato / Buteo buteo / ratonero
 .

Imágenes y texto bajo licencia Creative Commons
Enrique Sampedro Miranda




4 comentarios:

  1. ¿Cómo va la cosa con el cormorán moñudo, tras el palo del Prestige?

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Hola Juan José. Pues la cosa va muy mal, porque esta especie fue una de las más afectadas por el Prestige, con muchísimas muertes directas. Esto, unido a otros factores como las bajas de muchos ejemplares en artes de enmalle, ha provocado la reducción de hasta un 40% en sus principales colonias de cría en Galicia. Y teniendo en cuenta que era aquí en donde se hayaban las colonias más grandes de esta especie a nivel mundial, el impacto ha sido catastrófico. Hasta tal punto que se considera que algunas de estas colonias pueden enfrentarse a un alto riesgo de extinción en las próximas décadas.
      En este informe se puede consultar una información detallada del estado de la especie en España:
      Álvarez, D. y Velando, A. 2007. El cormorán moñudo en España. Población en 2006-2007 y método de
      censo. SEO/BirdLife. Madrid. (http://www.seo.org/wp-content/uploads/2012/04/15_cormoran_monudo.pdf)
      Un saludo.

      Eliminar
  2. Hola Enrique.
    Soy Jorge Leonor de unbuscapajarosporavila.blogspot.com
    Ya te he encontrado.
    Estaremos en contacto

    ResponderEliminar