Outra vez máis despedín o ano paxareando na Ría de Ribadeo, o meu lugar favorito, e polo que naceu este blog. A pesar do forte vento do sur destas últimas datas, e dos días de choivas e tempo revolto, conseguín facer unha saída un día no que a climatoloxía deu unha lixeira tregua. Non observei nada extraordinario, pero a riqueza da ría non está nas citas extraordinarias, senon na biodiversidade que posúe. Son as especies invernantes as que lle dan ó noso estuario o seu valor. E estas nunca fallan.
Coas primeiras luces do día achegueime en primeiro lugar á beira asturiana. En Salías, e coa preamar, alí estaban as limícolas agardándome. Mazaricos reais, mazaricos rabinegros, biluricos pativerdes, e pilros comúns ocupaban os penedos.
Tamén estiven un bo rato entretido observando cómo unha garzota e dous corvos mariños pescaban en común. Mentres os corvos mariños acurralaban ós peixes contra a beira, a garzota facía o mesmo desde a beira cara a eles. E os tres beneficiábanse destas maniobras pescando ás presas que caían na trampa.
Do outro lado do Torullón estaban os cullereiros, garzotas, garzas reais e corvos mariños, así coma un numeroso grupo de anátidas, formado principalmente por lavancos e asubións, e algún que outro pato rabilongo polo medio.
Xa desde a Punta de Castropol puiden ver unha mobella grande, varios mergullóns de pescozo negro, e un carrán cristado, ademáis de outras especies xa citadas anteriormente.
Garzota |
Mergullón de pescozo negro |
Pasando logo á beira galega, desde Reme puiden ver o groso das anátidas invernantes. Non as contei, pero coma sempre, centos de rabudos, lavancos, cercetas, asubións, e tamén varias decenas de frisados. Tamén desde aquí puiden observar catro biluricos comúns, especie que se vai confirmando como invernante nos últimos anos, ainda que en números moi baixos.
Vista da Xunqueira, na parte galega da ría |
Desde o observatorio de Reme localicei tamén as dúas águias pescadoras invernantes, Panchita e Virgilia. Aquí vos deixo unha foto testemuñal da segunda, con anela de PVC de cor amarelo na pata esquerda. Panchita estaba nun pousadoiro máis lonxano e as fotos non merecen a pena.
A última parada desta volta ó estuario do Eo foi na praia dos Bloques. Alí outra mobella grande e tres mergullóns de pescozo negro déronme a despedida.
Aquí vos deixo a lista de especies:
Ánade silbón / Anas penelope / Asubiador - pato asubión
Ánade friso / Anas strepera / Pato frisado
Cerceta / Anas crecca / Cerceta
Ánade real / Anas platyrhynchos / Lavanco
Ánade rabudo / Anas acuta / Pato rabilongo
Colimbo grande / Gavia immer / Mobella grande
Zampullín cuellinegro / Podiceps nigricollis / Mergullón de
pescozo negro - mergullón orelleiro
Cormorán / Phalacrocorax carbo / Corvo mariño
Garcilla bueyera / Bubulcus ibis / Garza boieira - garza
mediana
Garceta / Egretta garzetta / Garzota
Garza real / Ardea cinerea / Garza real
Espátula / Platalea leucorodia / Cullereiro
Águila pescadora / Pandion haliaetus / Aguia pescadora
Correlimos común / Calidris alpina / Pilro común - pilro
curlibico
Zarapito real / Numenius arquata / Mazarico real
Archibebe / Tringa totanus / Bilurico patirrubio - bilurico
común
Archibebe claro / Tringa nebularia / Bilurico pativerde -
bilurico claro
Aguja colinegra / Limosa limosa / Mazarico rabinegro
Gaviota reidora / Larus ridibundus / Gaivota chorona
Gaviota sombría / Larus fuscus / Gaivota escura
Gaviota patiamarilla / Larus michahellis / Gaivota
patiamarela
Gavión atlántico / Larus marinus / Gaivotón
Charrán patinegro / Sterna sandvicensis / Carrán cristado
Feliz ano 2016 e saúde para todos,
Imaxes e texto baixo licenza Creative Commons
Enrique Sampedro Miranda
Blog Ría de Ribadeo: www.riaderibadeo.com
Bonita forma de despedir o ano.:-)
ResponderEliminarFeliz 2016 tamén para ti.
Apertas.
Bonita forma de despedir o ano.:-)
ResponderEliminarFeliz 2016 tamén para ti.
Apertas.
Moitas grazas Inés.
EliminarPor certo, non sei porque, pero os teus comentarios saenme sempre por duplicado. Non me importa, pero é curioso. Moitas veces elimino un deles, pero nesta ocasión vou deixalo a ver si blogger corrixe só o erro ou non.
Saúdos!
A min tamén me pasa Inés. E, como Quique, adoito eliminar unha das copias.
EliminarRecordaba que a ti tamén che pasara o mesmo algunha vez, con comentarios meus no teu blog
EliminarA min sáenme dobres (ou triples!) cando comento desde o móbil. Por iso prefiro facelo desde o computador.
EliminarHola Enrique.
ResponderEliminarPues sí, estoy de acuerdo con Inés G. que ha sido una buena manera de despedir el 2015, supongo que hoy ya habrás comenzado el nuevo año con otra vuelta por la ría para no perder la tradición, jejeje.
Un abrazo y FELIZ AÑO NUEVO para ti, los tuyos y los lectores de tu gran blog, que este 2016 nos depare alegrías y alguna que otra sorpresa "pajareando".
Pues sí Rafa, también he empezado el año pajareando por aquí, je, je.
EliminarMuchas gracias por tus palabras, y los mismos deseos para ti y para tu blog.
Un abrazo
Preciosa entrada Enrique!
ResponderEliminarSolo te falto ir a la laguna de Rinlo, pero creo que estaba seca estos días atrás.
Feliz año 2016 para ti y todos los lectores de tu blog.
Saludos.
Juanjo
Muchas gracias Juanjo, y feliz año para ti también. Sí, este invierno de momento la charca de Rinlo de charca no tiene nada. A ver si ahora que empiezan las lluvias se va llenando, y por lo menos está en condiciones para el paso posnupcial. Pero bueno, en esta época con la ría ya tengo bastante, je, je.
ResponderEliminarUn abrazo