O primeiro fin de semana de febreiro, como moitos sabedes, estiven en Ribadeo. Ademais das actividades coas que celebramos o Día Mundial dos Humidais, aproveitei tamén eses días para saír observar aves pola ría. E tiña pendente publicar esas observacións no blog, así que aquí as traio.
Como podedes ver na anterior foto, o frío foi intenso esa fin de semana, e a neve estaba presente en boa cantidade nos cumios asturianos da serra da Bobia.
Coma observacións máis interesantes, destacaría a presenza dun mergullón cristado, especie pouco habitual na Ría de Ribadeo.
Tamén puiden ver este exemplar de primeiro inverno de gaivota escura, que como vedes está anelada. Xa pasei os datos do anel a Antonio Gutiérrez Pita (http://gaviotasyanillas.blogspot.com/), quen tramitou a cita e espero que en breve consigamos a información de onde procede o exemplar e en qué lugares foi observado con anterioridade.
Aquí vai a lista completa de aves observadas estes dous días. Comezo por aquelas especies das que contabilicei o su número, e logo o resto de espeies observadas:
Castellano / Nombre científico / Galego
Colimbo grande / Gavia immer / Mobella grande - 2
Somormujo lavanco / Podiceps cristatus / Mergullón cristado - 1
Garza real / Ardea cinerea / Garza real - 15
Espátula / Platalea leucorodia / Cullereiro - 20
Águila pescadora / Pandion haliaetus / Aguia pescadora - 3
Correlimos común / Calidris alpina / Pilro común - 175
Charrán patinegro / Sterna sandvicensis / Carrán cristado - 3
Zampullín común / Tachybaptus ruficollis / Mergullón pequeno - 1
Zampullín cuellinegro / Podiceps nigricollis / Mergullón de pescozo negro - 2
Ánade silbón / Anas penelope / Asubiador - pato asubión
Ánade friso / Anas strepera / Pato frisado
Cerceta / Anas crecca / Cerceta
Ánade azulón / Anas platyrhynchos / Lavanco
Ánade rabudo / Anas acuta / Pato rabilongo
Cormorán / Phalacrocorax carbo / Corvo mariño
Garceta / Egretta garzetta / Garzota
Zarapito trinador / Numenius phaeopus / Mazarico chiador
Zarapito real / Numenius arquata / Mazarico real
Archibebe común / Tringa totanus / Bilurico patirrubio - bilurico común
Archibebe claro / Tringa nebularia / Bilurico pativerde - bilurico claro
Aguja colinegra / Limosa limosa / Mazarico rabinegro
Gaviota reidora / Chroicocephalus ridibundus / Gaivota chorona
Gaviota sombría / Larus fuscus / Gaivota escura
Gaviota patiamarilla / Larus michahellis / Gaivota patiamarela
Para finalizar, déixovos unhas cantas fotos dalgunhas destas especies.
Mobella grande |
Águia pescadora |
Cullereiros |
Mergullón de pescozo negro |
Mergullón pequeno |
Cullereiros, garzas e garzotas descansando coa marea chea |
Rabirrubio |
Enseada da Lieira |
Saúdos e ata a próxima.
Imaxes e texto baixo licenza Creative Commons
Enrique Sampedro Miranda
Blog Ría de Ribadeo: www.riaderibadeo.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario