Así de concurrida estaba a Ría de Ribadeo a pasada fin de semana (19 e 20 de setembro). Este é un mes estupendo para a observación de aves no estuario, posto que a migración posnupcial trae sempre gran variedade de especies. Deste xeito, as aves que se encontran en migración e recalan na ría durante un pequeno espazo de tempo (días, ou incluso só unhas horas), xúntanse coas que xa están aquí para pasar o inverno.
Como podedes ver nestas primeiras fotos, na praia de Salías destacaba a presenza de limícolas. Este gran bando estaba composto principalmente por pilros comúns e píllaras reais, entre os que andaban tamén varios mazaricos rubios, unha píllara cincenta, e unha das sorpresas da xornada, un pilro ferruxento.
Antes de chegar a Salías pasei pola Lieira, onde coincidín con Manuel Fernández Pajuelo co que estiven charlando un rato mentres observabamos o que por alí había. O máis destacado nesta zona era a presenza dun pato cristado, e a chegada dunha garzota grande mentres estabamos a falar, que se pousou na beira bastante preto de onde estabamos nosoutros. Ademáis, garzas reais, garzotas, cullereiros, lavancos, dous patos frisados, doce asubiadores, un pato cullerete e un rabilongo.
Pasando xa á beira galega da ría, no Muro das Lamas había máis limícolas. Neste caso biluricos claros, dous biluricos comúns, e un bilurico bastardo.
E cómo non, desde o observatorio de Reme albisquei as dúas aguias pescadoras que polo momento hai na ría.
Aquí vos deixo a lista de especies coas cifras. E recoméndovos botar tamén unha ollada á entrada que Xabi Prieto fixo da súa visita á ría a semana anterior, para comparar cifras (Censos de acuáticas en las rías de Ribadeo y Foz).
Castellano / Nombre científico / Galego |
Ánade silbón / Anas penelope / Asubiador -12 |
Ánade friso / Anas strepera / Pato
frisado - 2 |
Ánade azulón / Anas platyrhynchos /
Lavanco - 250 |
Ánade rabudo / Anas acuta / Pato
rabilongo - 1 |
Pato cuchara / Anas clypeata / Pato
cullerete - 1 |
Porrón moñudo / Aythya fuligula / Pato
cristado - 1 |
Cormorán / Phalacrocorax carbo / Corvo
mariño - x |
Garceta / Egretta garzetta / Garzota - 23 |
Garceta grande / Egretta alba / Garzota
grande - 1 |
Garza real / Ardea cinerea / Garza real - 45 |
Espátula / Platalea leucorodia /
Cullereiro - 8 |
Águila pescadora / Pandion haliaetus /
Aguia pescadora - 2 |
Chorlitejo grande / Charadrius hiaticula
/ Píllara real - 75 |
Chorlito gris / Pluvialis squatarola /
Píllara cincenta - 1 |
Correlimos zarapitín / Calidris
ferruginea / Pilro ferruxento - 2 |
Correlimos común / Calidris alpina / Pilro común - 100 |
Zarapito trinador / Numenius phaeopus /
Mazarico chiador - 3 |
Zarapito real / Numenius arquata /
Mazarico real - 33 |
Archibebe común / Tringa totanus /
Bilurico común - 2 |
Archibebe claro / Tringa nebularia / Bilurico pativerde - 5 |
Andarríos bastardo / Tringa glareola /
Bilurico bastardo - 1 |
Aguja colipinta / Limosa lapponica /
Mazarico rubio - 10 |
Gaviota reidora / Chroicocephalus
ridibundus / Gaivota chorona - x |
Gaviota sombría / Larus fuscus / Gaivota
escura - x |
Gaviota patiamarilla / Larus michahellis
/ Gaivota patiamarela - x |
Gavión atlántico / Larus marinus /
Gaivotón - 2 |
Martín pescador / Alcedo atthis / Picapeixe - 2 |
Saúdos e ata a próxima.
Imaxes e texto baixo licenza Creative Commons
Enrique Sampedro Miranda
Blog Ría de Ribadeo: www.riaderibadeo.com
Creo que dos indibiduos que catalogas como "Pilro común con plumaxe maioritariamente invernal" son en realidad Calidris ferruginea
ResponderEliminarIndividuos... Sigo maldiciendo al que puso juntas v y b en el teclado.
EliminarGracias Gilberto. Sí,tienes razón. De hecho es el mismo ejemplar en esas dos fotos. Y ahora ya dudo de si es el mismo individuo de las anteriores fotos, con lo que habría dos, o es también el mismo...
ResponderEliminarYa viste que estuve con Pajuelo. Me contó que te iba informando por whatsapp de lo que iba viendo. Eso es estar informado :)