O pasado 13 de outubro a ría estaba moi animada. A estrela desas datas foi sen dúbida a presenza dun pilro de Bonaparte (correlimos culiblanco / Calidris fuscicollis). Eu entereime ese mesmo día, ó chegar a Salías, xa que me atopei alí con Pablo Miki e Jilberto Sánchez, que estaban acompañando a un grupo da SEO, e contáronme que andaba por alí. Así que me puxen a buscalo entre un bando de píllaras reais e pilros comúns, ata que o localicei.
Trátase dunha rareza, posto que é unha especie que cría no ártico canadiense, e migra ó sur do continente americano para pasar alí o inverno. Sen embargo, de vez en cando aparece algún exemplar divagante nas costas europeas, como foi o caso deste que chegou ata a Ría de de Ribadeo.
Pero como dicía ó principio, a ría estaba moi animada, non só polo pilro de Bonaparte. Aquí vos deixo algunas fotos, e o listado de especies, con algunhas cifras aproximadas.
Castellano / Nombre científico / Galego
Ánade silbón / Mareca penelope / Asubiador - pato asubión - 4
Cerceta / Anas crecca / Cerceta - 7
Ánade azulón / Anas platyrhynchos / Lavanco - 80
Ánade rabudo / Anas acuta / Pato rabilongo - 4
Cormorán / Phalacrocorax carbo / Corvo mariño
Garceta común / Egretta garzeta / Garzota - 10
Garza real / Ardea cinerea / Garza real - 8
Espátula / Platalea leucorodia / Cullereiro - 16
Ratonero / Buteo buteo / Miñato - 2
Águila pescadora / Pandion haliaetus / Aguia pescadora - 1
Cernícalo / Falco tinnunculus / Lagarteiro - 1
Chorlitejo grande / Charadrius hiaticula / Píllara real - 60
Correlimos culiblanco / Calidris fuscicollis / Pilro de Bonaparte - 1
Correlimos común / Calidris alpina / Pilro común - pilro curlibico - 30
Zarapito trinador / Numenius phaeopus / Mazarico chiador - 8
Zarapito real / Numenius arquata / Mazarico real - 10
Combatiente / Calidris pugnax / Liorteiro - 1
Archibebe claro / Tringa nebularia / Bilurico pativerde - bilurico claro - 6
Andarríos chico / Actitis hypoleucos / Bilurico das rochas - bilurico bailón - 4
Aguja colipinta / Limosa lapponica / Mazarico rubio - mazarico rabipinto - 2
Gaviota reidora / Chroicocephalus ridibundus / Gaivota chorona
Gaviota patiamarilla / Larus michahellis / Gaivota patiamarela
Martín pescador / Alcedo atthis / Picapeixe - martiño peixeiro - 2
Con esta postal do solleiro día que tivemos o 13 de outubro na ría, pecho a entrada.
Saúdos e ata a próxima.
Imaxes e texto baixo licenza Creative Commons
Enrique Sampedro Miranda
Blog Ría de Ribadeo: www.riaderibadeo.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario