Páginas del blog Ría de Ribadeo

Mostrando entradas con la etiqueta Aythya ferina. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Aythya ferina. Mostrar todas las entradas

martes, 7 de enero de 2014

Gavia artica, Gavia immer, Mergus serrator, Aythya ferina... e máis bichos pola ría

Aquí sigo, dando voltas pola ría de Ribadeo, e non me canso... Porque esta ría é moita ría, e sempre ten cousas que ofrecer a calquera afeccionado á observación de aves. Aquí van as últimas citas e fotos destes últimos días. Comezo cunhas das máis interesantes, feitas onte mesmo na compaña de Pablo García. Desde a Punta de Castropol observamos estas dúas mobellas árticas (Colimbo ártico / Gavia artica).





Desde este mesmo punto puidemos ver tamén un mergullón cristado (Somormujo lavanco / Podiceps cristatus) e un pentumeiro (Negrón común / Melanitta nigra). Tamén este grupo de cinco mergos cristados (Serreta mediana / Mergus serrator) que levan un tempo por aquí. 




Por certo, algo máis tarde vimos do outro lado da ría, na praia dos Bloques en Ribadeo, o que podería ser un macho de mergo grande (Serreta grande / Mergus merganser). Pero estaba moi lonxe e cando cruzamos a ría para velo mellor, xa non estaba. Así que agardaremos a ver si estes días volvemos ver o bicho e confirmar si era isto, ou un macho de mergo cristado, que sería o máis probable.

Do que non cabe dúbida é do que son este grupiño de mergullóns de pescozo negro (Zampullín cuellinegro / Podiceps nigricollis), que xunto con outros que vimos, sumaban un total de 15 exemplares.



E outras das habituais desta zona da ría son as mobellas grandes (Colimbo grande / Gavia immer).





Tamén andaba por alí un bilurico bailón (Andarríos chico / Actitis hypoleucos).



Na praia de Salías había sorpresa. Entre un grupiño de lavancos apareceu este solitario pato chupón (Porrón común / Aythya ferina).



Outra observación que quero mencionar foi a desta gaivota cana, de primeiro inverno, que fotografei o día 3 de xaneiro na praia de Penarronda.

Gaivota cana, a do medio da dereita

Gaivotas escuras (Larus fuscus) á esquerda e patiamarelas (Larus michahellis) á dereita


Continúan pola ría, e esperemos que así sexa durante todo o inverno, as dúas aguias pescadoras (Pandion haliaetus). O pasado día 4 pilleinas ó mesmo tempo a cada unha na súa estaca, comendo cadansúa presa. A máis cercana era Panchita, porque puiden verlle as anelas. A outra estaba demasiado lonxe, pero imaxino que sería a recentemente bautizada Virxilia.




E para rematar, unhas fotos curiosas do atardecer dese mesmo día no porto deportivo de Ribadeo, onde me chamou a atención esta concentración de lavandeiras brancas das dúas subespecies (Motacilla alba alba e Motacilla alba yarrelli).





Imágenes y texto bajo licencia Creative Commons 
Enrique Sampedro Miranda 
Ría de Ribadeo: www.riaderibadeo.com

sábado, 1 de diciembre de 2012

Aythya ferina na ría e outras citas

Esta breve entrada é só para recoller algunhas citas destacadas destes días pasados na ría de Ribadeo que me quedaran colgadas.

Anátidas na zona do Muro de Lamas, ría de Ribadeo




26/11/2012

- 400 ánades asubiadores no Muro de Lamas (Anas Penélope / ánade silbón)
- gran número de cercetas na mesma zona (Anas crecca / cerceta)
- aguia pescadora desde o observatorio de Reme (Pandion haliaetus / águila pescadora)
- picapeixe no Muro de Lamas (Alcedo atthis / martín pescador)
- 1 pentumeiro na canle principal da ría, no porto de Porcillán (Melanitta nigra / negrón)

28/11/2012

- 1 pato chupón no Muro de Lamas (Aythya ferina / porrón común). Saqueille unha foto testemuñal.



 

- gran cantidade de patos rabilongos no Muro de Lamas (Anas acuta / ánade rabudo)
- enorme bando de asubiadores nesta mesma zona (Anas penélope / ánade silbón)
- 2 pentumeiros na canle principal da ría, entre o tesón das Figueiras e a escolleira da lonxa de Ribadeo (Melanitta nigra / negrón).

Pentumeiros, abaixo á esquerda




- 4 lampareiros no tesón das Figueiras (Haematopus ostralegus / ostrero)
- aguia pescadora sobrevoando a canle entre o tesón e a escolleira (Pandion haliaetus / águila pescadora)


1/12/2012

- 10 pentumeiros entre o tesón das Figueiras e a Linera, e logo outros 3, creo que diferentes exemplares, preto do porto de Castropol (Melanitta nigra / negrón). 
- 1 mobella grande preto do Puntal de Castropol (Gavia immer / colimbo grande) 
- 1 picapeixe en Salías (Alcedo atthis / martín pescador)

Ría de Ribadeo






Imágenes y texto bajo licencia Creative Commons
Enrique Sampedro Miranda
Ría de Ribadeo: http://ria-de-ribadeo.blogspot.com