Páginas del blog Ría de Ribadeo

Mostrando entradas con la etiqueta podiceps auritus. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta podiceps auritus. Mostrar todas las entradas

miércoles, 18 de febrero de 2015

Mergullón real (Podiceps auritus) na Ría de Ribadeo

Cuns días de retraso, publico hoxe as fotos e comentarios do último paseo que fixen pola ría, o domingo 8 de febreiro. O máis destacado era a presenza dun exemplar de mergullón real (zampullín cuellirrojo / Podiceps auritus), que observáramos xa o día anterior durante a ruta pola ría con motivo do Día Mundial dos Humidais. Atopábase no medio de varios mergullóns de pescozo negro. A primeira das fotos é de Miguel Ángel Pulpeiro (Pulpi), e nela aprézanse moi ben as diferenzas morfolóxicas entre ambas especies. Gracias pola foto Miguel.

Podiceps nigricollis (esquerda) e Podiceps auritus (dereita). Foto: Miguel Ángel Pulpeiro
Mergullón real (Podiceps auritus)


No tesón da Berlinga, entre as gaivotas patiamarelas e escuras, había un par de gaivotas canas (Larus canus). Estaban moi lonxe en non teño fotos en condicións, pero sirvan estas coma testemuña.

Gaivotas e corvos mariños no tesón

Gaivota cana
Remeiros na ría


A xornada non foi moi fructífera para min en canto á fotografía, así que esta entrada vai quedar un pouco pobre nese aspecto. Das poucas que merecen ser publicadas, aquí vos deixo estas dunha das dúas aguias pescadoras que temos invernando na ría.




E para rematar esta breve entrada, o listado de especies que observei este día:



Ánade silbón / Anas penelope / Asubiador - pato asubión
Ánade friso / Anas strepera / Pato frisado
Cerceta / Anas crecca / Cerceta
Ánade real / Anas platyrhynchos / Lavanco
Ánade rabudo / Anas acuta / Pato rabilongo
Zampullín cuellirrojo / Podiceps auritus / Mergullón real
Zampullín cuellinegro / Podiceps nigricollis / Mergullón de pescozo negro - mergullón orelleiro
Cormorán / Phalacrocorax carbo / Corvo mariño
Garceta / Egretta garzetta / Garzota
Garza real / Ardea cinerea / Garza real
Espátula / Platalea leucorodia / Cullereiro
Águila pescadora / Pandion haliaetus / Aguia pescadora
Avefría / Vanellus vanellus / Zaconela (galego local) - avefría
Correlimos común / Calidris alpina / Pilro común - pilro curlibico
Zarapito real / Numenius arquata / Mazarico real
Archibebe claro / Tringa nebularia / Bilurico pativerde - bilurico claro
Andarríos chico / Actitis hypoleucos / Bilurico das rochas - bilurico bailón
Aguja colipinta / Limosa lapponica / Mazarico rubio - mazarico rabipinto
Gaviota reidora / Chroicocephalus ridibundus / Gaivota chorona
Gaviota cana / Larus canus / Gaivota cana
Gaviota sombría / Larus fuscus / Gaivota escura
Gaviota patiamarilla / Larus michahellis / Gaivota patiamarela
Gavión atlántico / Larus marinus / Gaivotón
Lavandera cascadeña / Motacilla cinerea / Lavandeira real


Gaivota patiamarela
Gaivotas choronas
A Xunqueira
Peirao deportivo de Ribadeo

Saúdos e ata a próxima.



Imaxes e texto baixo licenza Creative Commons
Enrique Sampedro Miranda
Blog Ría de Ribadeo: www.riaderibadeo.com

domingo, 25 de noviembre de 2012

Posible Podiceps auritus (mergullón real / zampullín cuellirrojo) en Ribadeo

Hoxe pasei un bo día de paxareo pola ría de Ribadeo. Estamos xa en plena época de invernada das aves no noso humidal, e calquer paseo depara sempre observacións interesantes. O prato forte da xornada foi a presenza do que penso era un exemplar de mergullón real (Podiceps auritus), que puiden observar durante moito tempo mergullándose nas inmediacións do Muro de Lamas. Estaba lonxísimos, e a penas lle puiden sacar unhas fotos que permiten adiviñar o seu perfil.

(Nota: Como se pode ver nos comentarios, esta observación está a xerar debate. Algúns pensan que pode ser, outros que non, polo que insisto en poñela como "posible").




Ademais desta observación, había máis cousas interesantes. Por exemplo, a nosa querida aguia pescadora (Pandion haliaetus) no seu pousadoiro habitual.

Aguia pescadora


No tesón das Figueiras 6 lampareiros (Haematopus ostralegus) descansaban xunto a unha morea de corvos mariños grandes (Phalacrocorax carbo), gaivotas patiamarelas (Larus michaellis), varios gaivotóns (Larus marinus), gaivotas escuras (Larus fuscus) e gaivotas choronas (Larus ridibundus). 

Polo Muro de Lamas, gran abundancia de mazaricos (Numenius spp.), garzotas (Egretta garzetta), garzas reais (Ardea cinerea), e varios mergullóns pequenos (Tachybaptus ruficollis). Sobrevoaba a zona unha tartaraña das xunqueiras (Circus aeruginosus), e tamén vixiaba o que pasaba por alí un falcón peregrino (Falco peregrinus). 


Falcón peregrino

En canto ás anátidas, unha enorme cantidade de lavancos (Anas platyrhynchos), patos rabilongos (Anas acuta), asubiadores (Anas penelope) e cercetas (Anas creca).

Cercetas

Logo desta saída pola miña conta, uninme ó grupo que estaba a facer este fin de semana o curso da SEO de identificación de acuáticas. Fixemos unha saída en lancha pola ría. Pero iso déixoo para a próxima entrada.

Ría de Ribadeo





Imágenes y texto bajo licencia Creative Commons
Enrique Sampedro Miranda
Ría de Ribadeo: http://ria-de-ribadeo.blogspot.com



lunes, 7 de marzo de 2011

Podiceps Auritus

Estos días pode verse pola ría un exemplar de mergullón real (zampullín cuellirojo / podiceps auritus). A semana pasada localizouno Pablo Fernández e posteriormente foi observado tamén por Gilberto Sánchez, que colgou algunhas fotos e un video do exemplar no seu blog (http://www.llamparego.net/2011/03/zampullin-cuellirrojo.html).

Onte mesmo seguía pola mesma zona. Tamén lle saquei algunhas fotos, pero de bastante peor calidade cas de Gilberto, polo que mellor nin colgalas...


Imágenes y texto propiedad de:
Enrique Sampedro Miranda
Blog "Ría de Ribadeo": http://ria-de-ribadeo.blogspot.com/