Páginas del blog Ría de Ribadeo

jueves, 3 de noviembre de 2011

Regresa a aguia pescadora á Ría de Ribadeo

Despois de poder disfrutar durante todo o inverno pasado da presenza dun exemplar de aguia pescadora na ría de Ribadeo, este ano ese mesmo exemplar volve estar invernando na ría. O pasado fin de semana puiden sacarlle unhas fotos, ainda que estaba bastante lonxe.

Águila pescadora / Pandion haliaetus / Aguia pescadora
A certeza de que se trata do mesmo exemplar que o invernante do ano pasado tívena ó verlle a anela. Estaba no seu pousadoiro habitual, onde é fácil observala. 

Águia pescadora
Nesta ocasión estaba a ser acosada por uns corvos pequenos, que acabaron por botala dalí.

Corvos acosándoa
Ademáis da pescadora, había unha grande cantidade e variedade de aves na ría, como é normal nestas datas. A chegada do inverno trae consigo milleiros de paxaros que, ben en paso cara a outros lugares, ben para quedarse aquí a invernar, chegan ó noso estuario. Entre as máis destacadas está o grupo das limícolas, como os mazaricos.

Grupo de mazaricos no Muro de Lamas
Mazaricos
Mazaricos

Tamén se poden ver diferentes clases de biluricos, coma este bilurico escuro enriba dunha estaca.

Bilurico escuro
E como non, as fermosas anátidas (patos), que en diferentes subespecies están presentes na ría nesta época.

Anátidas
Aquí deixo unha relación das especies máis destacadas que observei este fin de semana:

ánade real / anas platyrhynchos / lavanco
ánade rabudo / anas acuta / pato rabilongo
ánade silbón / anas penelope / asubiador - pato asubión
cerceta / anas crecca / cerceta
garza real / ardea cinerea / garza real
garceta / egretta garzetta / garzota
espátula / platalea leucorodia / cullereiro
cormorán / phalacrocorax carbo / corvo mariño
zarapito real / numenius arquata / mazarico real
archibebe común / tringa totanus / bilurico patirrubio - bilurico común
archibebe claro / tringa nebularia / bilurico pativerde - bilurico claro
archibebe oscuro / tringa erythropus / bilurico escuro
correlimos común / calidris alpina / pilro común - pilro curlibico
águila pescadora / pandion haliaetus / aguia pescadora
ratonero / buteo buteo / miñato
halcón peregrino / falco peregrinus / falcón peregrino

Imágenes y texto propiedad de:
Enrique Sampedro Miranda
Ría de Ribadeo: http://ria-de-ribadeo.blogspot.com


7 comentarios:

  1. Curtouse-me a mensaxe.. Comentaba que, sen necesidade de seren un analítico estatístico, os números son, ás veces, moi necesarios. Para comprender a invernada de acuáticas e saber valorizar cada humidal, debemos comparar as cifras numéricas sobre invernada. É algo apixoante e realmente esclarecedor. Se non censamos non podemos comprender as nosas rías (incluíndo a "Ría do río Eo e todos os seus afluentes", que dirían os compañeiros astures, non sí?)
    Veña uns números, Quique!

    ResponderEliminar
  2. Parbéns polas fotos dos Mazaricos (xa nos van saíndo mellor).
    Pero dame números, Quique! Non son "Salaverri e os Stadistic men" pero, ás veces, os numeros sonche moi necesarios para valorizar e comprender os datos sobre invernada.

    ResponderEliminar
  3. Quique, atento ao tema da Garza Boieira (B.ibis). Nos últimos anos está a medrar de maneira espectacular na mariña lucense.
    Toño Salazar comentaba que hai unha importante concentración de 3000 exemplares en Cantabria. Quizá proveñan dalí os nosos exmplares invernantes/divagantes.

    A semana que ven ou a seguinte máis irei facer un "precenso" a Ribadeo (hai que ir controlando o panorama..) Se andas por aló avisa.

    O ano pasado foi tremendo o das B.ibis (o durmidoiro estaba entre Castropol e A Liñeira)

    ResponderEliminar
  4. Boas Quique, é certo que a peixeira está lonxe para as fotos pero o desfrute de mirala no quita naide jeje. Os mazaricos están ben guapos, parabéns, traballo i portante o que facedes. un saúdo.
    (Toñito)

    ResponderEliminar
  5. Tentarei dar algunhas cifras, Xavi, ainda que que a pretensión miña e deste blog non é facer observacións tan científicas, senon máis ben de divulgación, a un nivel máis básico. Non obstante, comentarche que este día os mazaricos que contei nesta zona en concreto foron 96. Estarei tamén atento ó tema das b. ibis.

    ResponderEliminar
  6. Grazas Toñito. Seguirei atento ó teu blog para ver se sigue por ahí a vosa pescadora. Saudos.

    ResponderEliminar
  7. Enrique: muchas gracias por tus palabras y tu comentario en mi blog. Me alegro de que te guste, como a mí me encanta el tuyo. Un fuerte abrazo y a ver si, no sólo a través de Futuro Verde, si no, en persona, nos conocemos un día.

    ResponderEliminar