Páginas del blog Ría de Ribadeo

viernes, 3 de mayo de 2013

O espectáculo do paso migratorio prenupcial na ría

Estamos en pleno apoxeo do paso prenupcial de aves pola costa cantábrica, e na ría de Ribadeo este paso estase deixando notar de forma chamativa. Por desgracia, eu non estou alí para poder observar este espectáculo da natureza por min mesmo. Pero por sorte, teño amigos como Pablo Miki García que me contan e me mandan fotos do que se ve estes días. A pesar de poñerme os dentes largos con estas fotos e citas que me manda (xa mas pagarás, Pablo), gracias a él podo meter esta entrada hoxe no blog. 

Limícolas na ría. Foto: Pablo García González

Según me conta Pablo, o espectáculo está sendo impresionante. Aquí van algúns datos de especies que observou estes días por alí:

115 pilros gordos / Calidris canutus / correlimos gordo

Pilro gordo. Foto: Pablo García

130 mazaricos rubios / Limosa lapponica / aguja colipinta

Mazarico rubio. Foto: Pablo García

17 cullereiros / Platalea leucorodia / espátula

Cullereiros. Foto: Pablo García

1 aguia pescadora / Pandion haliaetus / águila pesadora

Aguia pescadora Foto: Pablo García

1 garzota grande / Egretta alba / garceta grande

Garzota grande. Foto: Pablo García

Tamén me conta que hai "bandos de pilros comúns (Calidris alpina / correlimos común) e píllaras reais (Charadrius hiaticula / chorlitejo grande) por todos lados, biluricos (archibebe), píllaras cincentas (Pluvialis squaratola / chorlito gris), virapedras (Arenaria interpres / vuelvepiedras), mazaricos chiadores (Numenius phaeopus / zarapito trinador) por doquier...". En fin, todo un espectáculo.

Para cerrar esta entrada, aquí van algunhas fotos máis do amigo Pablo, a quen lle agradezo moito, coma sempre, a información e fotos que me manda, e que me sirven para manterme ó día do que pasa pola comarca do Eo, e para contalo no blog.

Bilurico patirrubio / Tringa totanus / Archibebe común. Foto: Pablo García

Píllaras reais, pilros comúns e mazarico rubio. Foto: Pablo García

Píllara cincenta. Foto: Pablo García

Pirlos gordos, comúns, píllara cincenta e mazaricos rubios. Foto: Pablo García

Limícolas no Muro das Lamas, Ría de Ribadeo. Foto: Pablo García


Imágenes y texto bajo licencia Creative Commons
Enrique Sampedro Miranda

4 comentarios:

  1. Hola,
    Interesante trabajo, la costa se ve animada. saludos Enrique.

    ResponderEliminar
  2. Hola Víctor. Sí, parece que la cosa está animada por el norte. Yo espero ir pronto, aunque me temo que para entonces ya se haya terminado lo gordo del paso.
    Un saludo.

    ResponderEliminar
  3. Hola Enrique. Parece que el color va llegando a los campos y marismas.
    Saludos

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pues sí. La primavera se ha hecho esperar, pero parece que va llegando.
      Un saludo.

      Eliminar