Páginas del blog Ría de Ribadeo

sábado, 31 de octubre de 2020

De volta pola ría





De volta en Ribadeo o domingo 25 saín dar unha volta pola ría. E isto foi o que vin:


Castellano / Nombre científico / Galego

250 (aprox.) - Ánade silbón / Anas penelope / Asubiador - pato asubión
x- Ánade real / Anas platyrhynchos / Lavanco
6 - Ánade rabudo / Anas acuta / Pato rabilongo
x - Cormorán / Phalacrocorax carbo / Corvo mariño
x - Garceta / Egretta garzetta / Garzota
x - Garza real / Ardea cinerea / Garza real
37* - Espátula / Platalea leucorodia / Cullereiro
2 - Aguilucho lagunero / Circus aeruginosus / Tartaraña das xunqueira
1 - Ratonero / Buteo buteo / Miñato
3** - Águila pescadora / Pandion haliaetus / Aguia pescadora
x - Zarapito trinador / Numenius phaeopus / Mazarico chiador
20 - Zarapito real / Numenius arquata / Mazarico real
42 - Archibebe claro / Tringa nebularia / Bilurico pativerd
3 - Andarríos chico / Actitis hypoleucos / Bilurico das rocha
15 (aprox) - Aguja colipinta / Limosa lapponica / Mazarico rubi
x - Gaviota reidora / Chroicocephalus ridibundus / Gaivota chorona
x - Gaviota sombría / Larus fuscus / Gaivota escura
x - Gaviota patiamarilla / Larus michahellis / Gaivota patiamarela
x - Gavión atlántico / Larus marinus / Gaivotón
1 - Martín pescador / Alcedo atthis / Picapeixe


*  Eu só vin 12 cullereiros, pero encontreime con Gilberto Sánchez Jardón en Salías, e díxome que él contara 37 antes de que unha embarcación os levantara e se dispersaran. Un deles estaba anelado, e xa veu por aquí outros anos.
** E pescadoras vin só 2, pero estiven tamén con Carlos Sanjurjo, que despois de despedirnos avisoume de que acababa de ver outra na zona da Xunqueira de Porto. Así que se confirma que volve a haber 3 invernantes este ano.

 

 



Tamén vin unha "rareza" en Salías. Mentres estaba charlando tranquilamente con Gilberto apareceu de repente un xabaril correndo coma un tolo pola beira do mar. Saíunos a moi pouca distancia, e tan rápido que cando quixen comezar a grabar xa estaba mais lonxe. Pero conseguín pillalo. Máis tarde chegou un can de caza seguindo o rastro, así que ese era o motivo da súa desesperada fuxida.



Pinchar para ver o video.


Saúdos e ata a próxima.

 

Imaxes e texto baixo licenza Creative Commons

Enrique Sampedro Miranda

Blog Ría de Ribadeo: www.riaderibadeo.com



4 comentarios:

  1. Cómo baixou aí o mazarico real, miña nai querida!(xa o puiden comprobar eu mesmo en Setembro). En Ortigueira caeu, non sei,..un 20 ou 30%, pero en Ribadeo polo que estou a ver falamos dun descenso catastrófico con respeito ás cifras de hai uns anos (poñamos 100-150 arquata). Ou sexa, un descenso dun
    75% ou máis!

    ResponderEliminar
  2. Ola Xabi. Seguro que había máis dos 20 que eu cito aquí, eh? Estos vinos no Muro de Lamas. En Salías non puiden contalos porque cando cheguei facía pouco que pasaran uns remeiros e levantaran todo o que había. Pero dito isto, tés toda a razón en que os números foron baixando nos últimos anos. Dunha media de 140 entre o 2006 e o 2016, a unha media de 60 entre 2017 e 2020. Veremos si a tendencia se mantén ou é algo puntual.
    Apertas!

    ResponderEliminar
  3. Hola Enrique.

    Como siempre "tu" ría da para entretenerse y disfrutar, interesante la espátula anillada, ¿conoces su historial? Por lo demás 20 zarapitos reales son otra gozada digna de mención.

    Un abrazo desde Arteixo,

    Rafa.

    ResponderEliminar
  4. Hola Rafa. Sí, se conoce el historial, porque ya fue reportada en anteriores ocasiones, aunque no lo tengo ahora a mano. Si no me equívoco, es una de las anilladas en Holanda, como casi todas las que se ven anilladas por aquí.
    Un abrazo y gracias por comentar, como siempre.

    ResponderEliminar